SENIOR FEMININO
Por fin debutou en competición oficial o noso senior feminino esta tempada, na súa visita ao Blanco Amor Ourense.

BLANCO AMOR 52 – 42 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 18 – 12 / 10 – 12 / 19 – 9 / 5 – 9
Anotadoras: Tamara 20; Cris 10; Elena V. 5; Iria Pérez 3; Susi 2; Joana 2; Ana; Ainhoa; Elena T.; Alba G; Yolanda; Iria Pino.
Partido igualado o disputado polo C.B. Caselas na primeira xornada de liga senior feminina 2025-26.
O encontro supón o inicio dunha nova etapa con Julián como adestrador e con varias xogadoras que están por primeiro ano no clube e o retorno dalgunhas “vellas” coñecidas!
As nosas competiron ante un bo equipo e remataron con sensacións positivas a pesares da derrota.
Temos moito marxe de mellora e isto acaba de comezar; agora toca seguir traballando para continuar acoplándonos como grupo de cara ao seguinte partido que será na casa a fin de semana do 25 de outubro, xa que na segunda xornada descansamos.
Bo esforzo equipo!
SENIOR MASCULINO

C.B. PUERTO DE VIGO 72 – 68 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ
Parciais: 22 – 17 / 18 – 13 / 17 – 23 / 15 – 15
Anotadores: Manuel L. 24; Pablo S. 15; Eloy 10; Álex 9; Iván 4; Rober 2; Xur 2; Jorge 2; Pablo C.; Jose; Manuel G.; Héctor.
Gran partido o xogado polo Senior Masculino na díficil visita á pista viguesa do Puerto de Vigo, un dos favoritos da competición.
Os de Martín non comezaron demasiado ben no aspecto defensivo, pero sobre todo na segunda metade e grazas a un gran esforzo colectivo igualaron as forzas e chegaron aos derradeiros segundos de encontro con opcións para levarse a victoria.
Finalmente o equipo local acadou o triunfo ante un Caselas que está tendo moi boas sensacións neste inicio de competición.
A próxima fin de semana, xogaremos na casa o sábado 18/outubro ás 20:00h ante EXO VIGO.
TOD@S AO PAVILLÓN!
CATEGORÍAS BASE
TORNEO PREMINI – MINI C.B. CASELAS – C.B. CONDADO

Na tarde do pasado domingo, organizamos un torneo amistoso cos nos@s amig@s do C.B. Condado.


Os equipos do premini, mini feminino e mini masculino desputaron un partido para abrir boca de cara ao inicio da competición das categorías de minibasket, que comezarán presumiblemente a fin de semana do 25 de outubro…qué ganas!!!


Foi un torneo SEN MARCADOR, no que @s rapaz@s desfrutaron e fixeron desfrutar a unhas gradas repletas de familiares e afeccionad@s de ambos clubes!
Grazas ao C.B. Condado pola súa colaboración e comportamento !!!
De seguro que o repetiremos !!!
JUNIOR FEMININO

C.B. CASELAS 44 – 69 SEIS DO NADAL
O Junior Feminino recibíu o pasado domingo a visita do Seis do Nadal, que levouse a victoria de Salceda.
As de Adrián xogaron unha moi boa primieira metade, acabando o segundo cuarto cun marcador de 28 – 26 a favor.
Tras o paso polos vestiarios, as visitantes impuxéronse cun gran acerto no tiro exterior, pero as nosas non se deixaron levar e o intentaron ata o final.
A nota negativa foi a lesión de Alba. Agardamos que non sexa nada grave e estés de volta pronto!
Esta semana rematan as tres semana de intercambio de Anae, unha rapaza francesa que adestrou co equipo durante este tempo.
Foi un pracer acollerte na familia do Caselas, esta é a túa casa!
A próxima fin de semana comeza a liga de Infantil Feminino e Masculino, a desfrutar !!!

Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments