
Esta pasada fin de semana os nosos equipos senior remataron a competición oficial ao non clasificarse para semifinais de copa.
Queremos agradecer a ambos os dous grupos a gran imaxe que mostraron durante toda a tempada, servindo de exemplo de comportamento e compromiso para a nosa canteira.
Estamos moi orgullos@s tamén do nivel deportivo mostrado ao longo do curso polas de Joseba e os de Martín; tanto o feminino coma o masculino competiron a tope en cada encontro a pesares das circunstancias de cada un.
No caso do senior masculino respetáronlle bastante as lesións; non foi así no feminino, que tiveron que adaptarse ás numerosas baixas (algunhas de longa duración) dende o principio da tempada.
O noso proxecto de clube busca que TOD@S @S RAPAZ@S que continúen en Salceda en etapa senior poidan xogar no equipo do seu pobo. Agardamos continuar cos dous equipos o vindeiro curso!
P.D. Agora chega o verdadeiramente importante: A LIGA DOS FÓSILES! (16 e 19 de Xuño)
SENIOR MASCULINO

C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ 48 – 47 C.B. MOS
Parciais: 18 – 11 / 7 – 7 / 13 – 15 / 10 – 14
Anotadores: Girma 11; Manuel L. 11; Pablo S. 7; Álex 6; Héctor 5; Jose 4; Jorge 2; Rober 1; Xur 1; Iván; Eloy; Manu G.
SENIOR FEMININO

APÓSTOL VIGO 65 – 38 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE
Parciais: 12 – 2 / 18 – 8 / 23 – 15 / 12 – 13
Anotadoras: Alejandra 22; Cris 5; Tamara 3; Joana 3; Raquel 2; Elena 2; Elena T 1; Susi; Iria.
CADETE MASCULINO

CLUNY SAN JOSÉ DE LA GUÍA 38 – 112 C.B. CASELAS BALIDEA
O Cadete Masculino Balidea debutou na copa cunha abultada victoria na pista de San José de la Guía.
Noraboa rapaces!
CADETE FEMININO

CELTA BALONCESTO 60 – 25 C.B. CASELAS NOREXCA
Gran esforzo das rapazas do cadete que a pesares das baixas o deron todo na pista do Celta.
A continuar!
MINI MASCULINO

C.B. CASELAS ALVANOR 33 – 64 NOVOBASKET
Derradeiro partido de liga para o Mini Masculino o desputado na casa perante o Novobasket.
Bo esforzo chicos!
PREMINI MIXTO

NS ESPERANZA 23 – 46 C.B. CASELAS
Alegría para o noso equipo Premini, que no derradeiro partido de liga acadou un gran triunfo na pista do Colexio NS Esperanza de Vigo.
Noraboa rapaz@s!

FINAL DE TEMPADA 2024-25
Aínda queda prácticamente un mes de curso baloncestístico:
- Todas as categorías continuarán a adestrar ata o 19 de xuño
- As categoría de Cadete e Junior están a competir na copa
- Premini Mixto, Mini Feminino e Mini Masculino desputarán o torneo DÍA DO MINIBASKET DE NAVIA o DOMINGO 8 DE XUÑO
- Todas as categorías participarán nas Ligas dos Insectos e Dinosaurios, que celebraranse do 9 ao 21 de xuño (PRONTO + INFO!!!)
- A tempada rematará co IV CAMPUS DE VERÁN do 24 ao 28 de XUÑO.
A DESFRUTAR !!!
C.B. CASELAS AUDIOVISUAL: GRAN ESTREO !!!
MAÑÁN MÉRCORES 28 DE MAIO ESTREAMOS O VIDEO PROMO DO IV CAMPUS DE VERÁN DO C.B. CASELAS !!!
QUÉ NOS TERÁN PREPARADO OS MELLORES ACTORES E ACTRICES DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO???
Aquí lembramos o video do ano pasado:
PERMANECEDE ATENT@S!
Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas
Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.
0 Comments