SENIOR MASCULINO

SEIS DO NADAL COIA 55 – 75 C.B. CASELAS HERMANOS NÚÑEZ

Parciais: 10 – 23 / 14 – 20 / 7 – 17 / 24 – 15

Anotadores: Eloy 18; Jano 12; Manu G. 11; Jorge 9; Iván 8; Xur 4; Fredi 4; Pablo C. 4; Girma 3; Jose 2; Álex; Brais.

Partido moi serio do noso senior masculino na súa visita á sempre difícil pista do Seis do Nadal o pasado domingo.

Os de Martín demostraron o bo momento de xogo do equipo e o refrendaron cunha nova victoria, que supón a cuarta seguida en liga.

Grazas a aportación dos 12 xogadores convocados o Caselas levouse o triunfo impoñendo o seu ritmo dende o primeiro momento.

Noraboa e a pola seguinte !!!

SENIOR FEMININO

COB OURENSE 67 – 52 C.B. CASELAS LR NATURAL GRANITE

Parciais: 11 – 11 / 16 – 11 / 17 – 13 / 23 – 17

Anotadoras: Tamara 16; Cris 10; Andrea 9; Saray 6; Iria Pino 4; Susi 3; Iria Pérez 2; Joana 2; Ana; Elena V.; Elena T.; Yoli.

Derrota do senior feminino na súa visita ao COB Ouense, o que significaba o primeiro partido entre ambos equipos na cidade das brugas nesta categoría.

As de Julián competiron ben ante un gran equipo que acabou despegándose no marcador no derradeiro periodo.

Ánimo e a polo seguinte encontro na casa perante Cía de María de Vigo.

JUNIOR FEMININO

C.B. BAIONA 59 – 57 C.B. CASELAS MOTHERSON

As nosas junior xogaron un gran partido na súa visita ao C.B. Baiona, recuperando as boas sensacións perdidas nas dúas últimas xornadas nas que as de Adrián mostráronse irregulares.

Nesta ocasión o equipo competíu moi ben e a pesares de non estar acertadas de cara ao aro nos tres primeiros cuartos, deixaron o mellor para o final:

O Caselas comezou o derradeiro periodo 15 puntos abaixo, pero as nosas perseveraron e defenderon con gran intensidade e concentración, contaxiando esta enerxía ao aspecto ofensivo.

Cun parcial de 8 – 21 a favor conseguiron empatar o marcador a 57 a falta de 11 segundos para o final cunha canastra de Diana.

Pero unha gran canastra no derradeiro instante do Baiona nunha acción ben defendida polas nosas deu o triunfo ás locais, o que non impedíu que tanto xogadoras como adestrador saíran moi content@s polo traballo realizado.

Agora a continuar mellorando!

JUNIOR MASCULINO

NS ESPERANZA 48 – 42 C.B. CASELAS CONSTRUCCIONES MACEIRAS

CADETE MASCULINO

C.B. CASELAS BALIDEA 39 – 70 C.B. REDONDELA

INFANTIL MASCULINO

NS ESPERANZA 79 – 30 C.B. CASELAS ELECTRICIDADE CONDADO

MINI FEMININO

C.B. CASELAS A XANELA 47 – 58 CELTA MARINO

MINI MASCULINO

APÓSTOL 59 – 8 C.B. CASELAS NOREXCA

PREMINI

C.B. CASELAS ALVANOR 31 – 48 NS ESPERANZA NARANJA

VIAXE A OURENSE

Como cada tempada, a familia do Caselas visita o Pazo dos Deportes Paco Paz

Nesta ocasión para ver o partidazo entre COB Ourense e Tizona Burgos

PREZO MOI ESPECIAL: AUTOBÚS + ENTRADA

5€ – Xogador@s e Soci@s (e núcleo familiar)

10€ – NON Soci@s e Público Xeral

NON TE QUEDES SEN A TÚA PRAZA !!!

RESERVA A TÚA PRAZA E ENTRADA NESTE ENLACE:

https://forms.gle/SrdApDS2nUPxXpV2A


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!