Tirolibre
Tiro libre de Ainoa
![]()
Arrincamos a tempada 18/19 de Tiros Libres cun debuxo da nosa xogadora premini Ainoa. Inspirado na nosa cancha e na Liga dos Insectos.
Moitas gracias Ainoa.
![]()
Arrincamos a tempada 18/19 de Tiros Libres cun debuxo da nosa xogadora premini Ainoa. Inspirado na nosa cancha e na Liga dos Insectos.
Moitas gracias Ainoa.
Facemos eco desta estupenda iniciativa, a creación dun equipo de Baloncesto en Cadeira de Rodas na veciña Vila do Porriño. Moito ánimo e moita sorte @bacaropo club baloncesto.

Esta nova tempada trae cambios no noso equipo senior. Baixas, altas e novas ilusións polas que pelexar este ano.
VS
Coa mente xa posta na tempada presente, acabamos de cerrar co Obradoiro CAB a nosa visita anual o Multiusos do Sar para asistir a un dos seus partidos.
Nesta tempada dase a grandiosa oportunidade asistir a un derbi ACB galego, todo un luxo para a vista e os corazóns. Non podíamos perdela oportunidade de asistir polo que xa pactamos co club Santiagués a nosa presenza o fin de semana do 2-3 de Marzo.
Xa están actualizados os horarios dos adestramentos na web do club. Podedes acceder directamente dende a páxina principal. Axenda e Calendario Recordámosvos que aquí tamén poderedes consultar día e horas dos partidos unha vez comece a liga.

No CLUB BALONCESTO CASELAS buscamos facer as cousas dun xeito distinto.
O primeiro día de adestramento (27 de agosto) do noso Junior Femenino completouse cunha sesión de video para analizar o xogo realizado a tempada pasada e pasar un bo rato entre xogadoras e adestradores.

O pasado sábado celebramos a II Edición do 3×3 Insectos, cun total de 90 participantes entre as categorías inferiores o os senior. Contamos cun gran ambiente durante todo a día, xa que o torneo se alargou ata as 22.00 horas.

Tralo torneo 3×3 Insectos desta fin de semana, esta tarde arrincamos oficialmente a tempada 18/19 co comezo dos adestramentos nas categorías inferiores.
Aquí vos deixamos os horarios definitivos.