0
0
0
s2smodern

CB.Caselas (47): Xur 4, Jose 3, Darío 9, Julián 8, Héctor 1. QUINTETO. Jano 9, Rober, Ledo 6, Fredi 2 e Nico 5.
Parciais: 10-25 / 9-17 / 13-18 /15-17.

Incidencias: Entrada habitual, con algo máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Salceda. O público despediu con aplausos ao equipo.

Pouco hai que dicir dun encontro sen historia dominado dende o minuto 1 polos vigueses, que estiveron moi acertados no lanzamento. O Caselas nunca se atopou cómodo, nin en ataque, perante a defensa zonal; nin en defensa, con pouca intensidade e concentración.

O Illas Cíes, con veteranía e oficio, foi abrindo brecha xa dende o inicio sen dar opcións a un Caselas que mellorou no segundo tempo, pero que foi totalmente insuficiente dada a superioridade e a ventaxa no marcador do equipo visitante.

Toca recuperarse para afrontar novos compromisos para manter a categoría. O vindeiro fin de semana voltamos a xogar en Salceda contra un equipo dos de arriba: CB.Redondela. Antes, este xoves as 21:15, xogaremos en Arcade o partido aprazado polo temporal da xornada 14.

Arriba Caselas !!!!

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Fem: CASELAS 40 SEIS DO NADAL COIA 46
Infantil Masc: CASELAS 42 REDONDELA 36
Mini A: CASELAS A 49 SALESIANOS B 33
Mini B: CASELAS B 31 BAIONA 33

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.