0
0
0
s2smodern

CB.CASELAS (46): Xur 5, Nico 1, Rubén 2, Julián 17 e Héctor 4. QUINTETO. Jano 11, Jose, Ledo 2, Darío 6 e Rober.
Non estiveron Fredi, por enfermidade, e Jorge, o cal desexamos unha moi pronta recuperación ao estar recén operado dun xeonllo.

Parciais: 8-5 / 9-10 / 16-9 / 15-12.

Incidencias: Máis de medio centenar de afecionados no Pavillón de Salceda. Como dato anecdótico, era a primeira vez en 30 anos de historia do noso clube que o CB.Dorna de A Illa de Arousa viña a xogar a Salceda.

Merecida victoria cimentada no bó traballo defensivo de todo o equipo e a paciencia en ataque contra a zona 3-2 prantexada polos da Illa de Arousa durante 35 minutos de partido. O partido tivo moi pouco acerto ofensivo por ambas partes, -o marcador reflexaba un paupérrimo 17-15 ao descanso- aspecto que os de Adrián Salgado melloraron na segunda parte anotando 31 puntos.

Partido con pouco acerto como reflexa o marcador. O Caselas só anotou 2 triplas perante un equipo con defensa zonal, o que outorga máis mérito. Os nosos xogaron de maneira intelixente, tirando de oficio ante a falla dun bó xogo.

O vindeiro fin de semana voltamos a xogar outro importante partido en Salceda. Será o sábado as 18:00h perante o Illas Cíes. Pedimos o voso apoio dende a bancada. Arriba Caselas !!!!

CB.CASELAS Senior Masculino, patrocinado por HERMANOS NÚÑEZ LORENZO, S.L. de Salceda.

CATEGORÍAS BASE:
Cadete Fem: CASELAS 43 CONDADO 59
Infantil Masc: CASELAS 36 APÓSTOL 67
Mini A: PORRIÑO 45 CASELAS A 21

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.