O curso baloncestístico 2024 – 2025 está rematando, pero este mes de xuño ven cargadiño de partidazos, torneos e eventos que compoñen a traca final da tempada.

Aquí facémosvos un resumo da actualidade do C.B. Caselas:

O JUNIOR MASCULINO XOGARÁ A SEMIFINAL DE COPA

O noso equipo Junior Masculino C.B. Caselas Electricidade Condado clasificouse para a FINAL FOUR de COPA e desputará as SEMIFINAIS perante o PBB A este sábado 14 de xuño ás 10:00h en Porriño.

O equipo ten moitas baixas por lesión e aínda así, deron o callo na copa meténdose nesta fase final.

Pase o que pase, estamos moi orgullosos deste grupo. Grandes!

CADETE MASCULINO E FEMININO DESPUTAN OS DERRADEIROS PARTIDOS DA TEMPADA

Este mércores 11 de xuño o Cadete Feminino Norexca xogará o último partido dunha tempada na que as rapazas o deron absolutamente todo e competiron en todos os partidos. Será ás 19:00h no Pavillón Municipal de Porriño.

Soamente podemos dicir GRAZAS a este grupo de cadete feminino por facernos desfrutar en cada adestramento e cada encontro. Grandes!

Os dous equipos cadete masculinos xogan contra o mesmo clube esta fin de semana: o SJ de CLUNY.

O Construcciones Maceiras despídese dos partidos oficiais en Vigo, mentres que o Balidea busca certificar este domingo ás 12:00h en casa o pase á FINAL FOUR DE COPA que se desputará a fin de semana do 21 e 22 de xuño. A desfrutar!

TORNEO MINI E PREMINI EN NAVIA

O pasado domingo o Premini Mixto, o Mini Feminino JGC Vending e o Mini Masculino Alvanor participaron no DÍA DO MINIBASKET DE NAVIA organizado polo Seis do Nadal.

@s rapaz@s o deron todo e desfrutaron dunha xornada de moito basket e convivencia!

Tamén recibiron a visita duns seres dunha galaxia moi lonxana…

…e por suposto, mostraron as súas dotes para o baile. Vaia flow que teñen @s nos@s xogador@s 🙂

Noraboa á organización!!!

LIGA DOS INSECTOS E DINOSARIOS (E FÓSILES) 2025

Este pasado luns, comezou un dos eventos máis agardados pol@s nos@s xogador@s de todas as categorías: A LIGA DOS INSECTOS

Serán 5 xornadas de puro basket de canteira e de convivencia entres maiores e pequen@s!!!

A semana que ven chegan os Dinosaurios e os Fósiles!

A desfrutar!!!

IV CAMPUS DE VERÁN C.B. CASELAS

Xa non queda nada para o Campus!!!

Vémonos do 24 ao 28 de xuño!!!


Descubre máis desde Club Baloncesto Caselas

Subscríbete para recibir as últimas entradas no teu correo electrónico.


0 Comments

Deixa un comentario. Dinos que che parece!!