0
0
0
s2smodern

Partido duro e disputado entre dous equipos de estilos completamente opostos: o Caselas xogou todo o partido buscando un ritmo rápido para contrarrestar a defensa en zona 2-3 durante os 40 minutos plantexada polo Rodaballo.

Os de Adrián Salgado foron por detrás no electrónico toda a primeira metade, con diferenzas entre os 4 e 8 puntos. Os erros en tiros liberados pola nosa parte e o acerto do xogador nº10 dos vigueses provocou o 38-33 ao descanso.
A volta dos vestiarios tivemos dúbidas en ataque, pero a partir de ecuador do 3º cuarto, cunha defensa exterior asfixiante e un traballo titánico dos nosos interiores, permitiunos imprimir o ritmo que buscabamos en ataque para rematar xa por fin enriba do marcador ao remate do 3º curarto: 56-58 e que xa non abandonamos ata o pitido final.
En resumo, partido difícil no que cabe destacar a gran actitude dos nosos xogadores, que a pesares de estar case 30 minutos por debaixo no marcador e con pouco acerto no tiro tras bos movementos de balón, agarráronse ao partido como gato panza arriba e tiraron de orgullo, concepto de equipo e defensa ata o final, para acadar unha merecida e traballada victoria. Sempre hai que mellorar, pero a liña é moi boa. A seguir!!!!

CB.Caselas (75): Sergio 6, Jano 15, Darío 16, Jorge, David Ledo 8. QUINTETO. Xur 8, Jose 3, Rober Alvarez 4, Rober Del Amparo 2, Toni 6, Nico 7.
Parciais: 22-17 / 16-16 / 18-25 / 11-17.
Incidencias: Noite de sábado no pavillón vigués de Sárdoma.

CATEGORÍAS BASE:
Gañaron os Infantiles de Julio no derbi perante o Porriño C por 54-28. Bo traballo dos 12 xogadores locais.
O Junior Feminino de Adrián e Xan fixo un gran partido en Salceda perante un Campus Ourense Blanco Amor moi superior en físico. Aguantaron moi ben case ata o final: 44-50, pero nos tres últimos minutos acusaron o desgaste para ceder por 44-60.
O Infantil Feminino de Xan e Darío foi amplamente superado en Vigo polo Compañía de María.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información