0
0
0
s2smodern

A festa de presentación 18-19 non poido acabar mellor para o clube. Preto de 300 persoas foron testigos da victoria con autoridade do C.B. Caselas senior perante un loitador C.B. Redondela nun gran partido por parte dos nosos.

O encontro comezou cun ritmo frenético, rápidas transicións ofensivas e moi bó baloncesto por parte do Caselas, que xa se disparaba no electrónico no fin do primeiro cuarto cun elocuente 31-11.

Os visitantes endureceron a súa defensa no segundo periodo, coincidindo coa rotación de xogadores por parte do noso técnico Adrián, que deu minutos a todos. Baixou o caudal anotador e o Redondela venceu o periodo por 8-12.


Estaba claro que na segunda parte o cansanzo iba pasar factura. O desgaste de ambos equipos foi tremendo, pero parece que o Caselas non o notou en exceso, como se pode desprender dos parciais: 21-9 no terceiro cuarto e 20-7 no cuarto final.

Gran aportación individual e colectiva dos 11 xogadores, e Fredi, que non poido xogar por enfermidade, animando dende o banquillo.

O vindeiro fin de semana viaxamos a Vigo para enfrontarnos ao histórico Rodaballo.

CB.Caselas (80): Sergio 6, Xur 13, Jose 6, Darío 29, Toni 7. QUINTETO. Jano 11, Jorge 3, Rober Alvarez, Rober Temporao, David Ledo 2, Nico 3, Fredi.

Parciais: 31-11 / 8-12 / 21-9 / 20-7.


Incidencias: Gran entrada no pavillón de deportes de Salceda, con preto de 300 espectadores volcados co noso equipo. Grazas a eles polos seus ánimos. No inicio do partido gardouse un minuto de silencio en memoria do noso querido Manolo Sanfer. Durante o descanso fíxose o sorteo de regalos donados por establecementos comerciais de Salceda.

CATEGORÍAS BASE:
Debutaron na liga os Infantiles masculinos e femininos , con moita gaña de xogar.
No caso dos rapaces de Julio, perderon no Colexio Mariano de Vigo por 71-42, competindo moi ben ata o cuarto periodo.
O feminino de Xan e Darío recibía ao Celta rojo. Logo de moita igualdade nun encontro moi bonito, chegouse a falla de 3 segundos con 30-33 no marcador, posesión de balón para as nosas e tempo morto. O bó lanzamento dende 6,25 de Lucía sobre a bocina non entrou por moi pouco.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información