Esta tempada 2011-12 trouxo consigo o maior éxito para o Senior Masculino do C.B.Caselas.

Neste gran ano de baloncesto, proclamouse campión de liga da 4ª División Autonómica, así como campión galego da mesma categoría, cunha soa derrota en toda a campaña.

Dirixidos dende o banco por Carlos Krustin, que comezaba o seu terceiro ano ao mando do senior, o Caselas maravillou á nosa afeción cun xogo alegre e con moito corazón, que rematou outorgándonos o ascenso de categoría á antiga 3ª División, despois de acaricialo na tempada anterior.

Foi, sen dúbida, o equipo máis regular de toda a categoría, chegando invicto á fase de ascenso, a que iniciou, curiosamente, perdendo o primeiro partido. Lonxe de facerlle dano, esta derrota servíu como impulso para o derradeiro esforzo e acadar un merecido ascenso.

Inolvidable foi a viaxe a en autobús a Santiago para loitar polo primeiro posto fronte ao equipo santiagués Cía de María e o recibimento de volta a Salceda tras unha gran victoria para acadar o título.

blank
Á chegada do equipo en autobús a Salceda (sobre as 23:00h), numerosos afecionados recibiron con bandeiras á expedición, formando unha caravana de coches que percorreu as rúas do pobo dende a entrada ata a chegada do pavillón, onde se celebrou e se brindou con moito champán!

A festa continuou despois con outra masiva caravana ata a Praza do Concello, onde decenas de persoas (que parecían milleiros polo ruído e o balbordo xeral) festexaron como se merecía esta gran xesta deportiva.

Este equipo o formaban Pablo Cabaleiro e Iago Suárez (ambolos dous formados na nosa canteira), o anotador compulsivo Pedro Larrañaga (que retornou este ano ao noso club), o gran Yanko, Igor, Rubén Alonso, Rubén Rodríguez, Óscar, Joni, César e Roberto Álvarez, que leva no senior 11 anos (que se dí pronto!) e sendo o noso gran capitán dende fai unhas cantas tempadas.

É lencarana o espíritu deste lembrado grupo de xogadores e o transmite na actualidade.

Dende o banco, o gran Carlos Krustin aportou a sabiduría e templaza necesarias para alcanzar este ansiado obxectivo.

Equipo inolvidable, sempre presente na nosa memoria!

ARRIBA CASELAS!