0
0
0
s2smodern

Xa se vai achegando o día. Xa casi se ven os bechos correndo pola pista.

O próximo luns comeza a Liga dos insectos, duas semanas de festa no Club Baloncesto Caselas. Diversión e baloncesto por doquier.

Aquí vos deixamos os equipos e os horarios para que os teñades a man.

0
0
0
s2smodern

 

Hoxe remata unha maravillosa tempada para os nosos Premini A. Para moitos deles a última nesta categoría xa que na vindeira serán Minis.

Esta tarde a partires das 18:00 xogarán o último partido do Playoff parante o Porriño, agardamos vervos animando. Gañen ou perdan proclamaranse campións do PlayOff, despois de xa terse proclamado campións de liga no grupo Premini A.

Non hai calificativos para estes rapaces e rapazas. Posiblemente a mellor descripción encóntrase no comezo deste artigo, na súa foto. Un grupo alegre, cheo de amizade e compañeirismo.

0
0
0
s2smodern

Onte o noso equipo senior acadou por méritos propios o ascenso a Terceira división A o impoñerse o Seis do Nadal (60-53).

Traballo, constancia, compañeirismo e moito esforzo fixeron posible que fosen Campións de liga regular e campións do Playoff de ascenso. E sen parar pasamos a Copa de Primavera que comeza xa o próximo fin de semana.

Dende o Club Baloncesto Caselas queremos felicitar o Club de Baloncesto Seis do Nadal pola súa excelente tempada.

0
0
0
s2smodern

Hoxe o noso Senior aparece nos páxinas do Faro de Vigo. Gran tempada para un gran conxunto tanto no deportivo coma no persoal.

#cbcaselas #PresumedeClub #farodevigo

0
0
0
s2smodern

 

Comeza unha semana de ilusión, moito traballo e esforzo.

O próximo domingo xogarémonos o ascenso perante o 6 do Nadal as 19:00 no noso pavillón. Nun apretadísimo Playoff que chega a última xornada con opcións para case todos.

Así que xa sabedes, o próximo domingo despois dun paseiño e de ir votar, necesitamos que vos acerquedes polo pavillón municipal para apoiarnos e axudarnos neste último enfrontamento.

Mentres toca adestrar, adestrar e adestrar.

Vémonos o domingo!!

0
0
0
s2smodern

Hoxe conmemórase o Dia Internacional Contra o Acoso Escolar, oxalá non tíveramos que falar disto mais é necesario educar os nosos nen@s na igualdade e na empatía.

0
0
0
s2smodern

Quedan dous partidos do Playoff Senior e gañando calquera deles estaremos matemáticamente ascendidos!!!

Quedan duas oportunidades, duas finais para porlle a guinda a esta gran tempada.

O primeiro destes partidos será o próximo sábado as 16:00 perante o Choco no IES Mendiño de Redondela. Unha oportunidade que debemos aproveitar.

Levamos toda a tempada contando convosco en cada partido da casa e algúns de vos tamén nos acompañades nos de fora da casa. Non teríamos chegado ata aquí sen esta afición.



Por eso vos animamos, vos pedimos, que se andades preto de Redondela, se tendes a tarde libre e vos apetece dar un paseiño, vos acerquedes a darnos o voso apoio nesta penúltima partida, nesta vendeta.

Gracias a toda a nosa afición polo seu constante apoio durante toda esta tempada. Sodes sen nengunha dúbida a mellor afición de toda esta liga.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar