0
0
0
s2smodern

O pasado venres membros da directiva e corpo técnico do noso clube, asistiron o curso de Primeiros Auxilios organizado polo concello no CDL Torrón.

Esta semana continuamos esta iniciativa, esta vez enfocada nos nosos pequech@s. Así, o XOVES 28/MARZO en lugar de adestrar os xogador@s recibirán unha charla sobre PRIMEIROS AUXILIOS para falar de situacións de urxencia que se poden dar nunha pista de baloncesto e saber cómo actuar nelas.

PREMINI B: 16:30 a 17:30
PREMINI A e MINI MIXTO 17:30 a 18:30
INFANTIL MASCULINO e FEMENINO 18:30 a 19:30

En colaboración co CONCELLO de SALCEDA DE CASELAS e as EDM, o clube pensa que é algo moi positivo dentro da formación integral d@s nenos!

0
0
0
s2smodern

O proximo domingo as 19:00 temos o segundo asalto na nosa loita polo ascenso!

Outra vez na nosa casa, visítanos o Choco dende Redondela. Unha victoria impulsaríanos cara o noso obxectivo.

Contamos con vos? cool

0
0
0
s2smodern

Tódolos anos facemos esta publicación, mais témola presente cada día.

feminismo.

Del fr. féminisme, y este del lat. femĭna 'mujer' e -isme '-ismo'.

1. m. Principio de igualdad de derechos de la mujer y el hombre.

2. m. Movimiento que lucha por la realización efectiva en todos los órdenes del feminismo.

Real Academia Española © Todos los derechos reservados.

Todo o noso apoio as mulleres que fan que o mundo non se deteña. Que sería de nos sen vos!

#cbcaselas #PresumedeClub #8M #SentirSalceda #DíaDeLaMujer #DiaInternacionalDeLaMujer #8M2019

0
0
0
s2smodern

Mañán colaboraremos nesta estupenda e necesario iniciativa impulsada pola Obra Social Abanca.

Membros da directiva, que non teñan compromisos deportivos, acudirán a colaborar na prantación das árbores autóctonos que axudarán a recuperar parte do perdido nos incendios que asolagaron a Picoña naquel Octubre nefasto.

0
0
0
s2smodern

 VS 

 

Esta tarde unha nutrida delegación de xogadores, familiares e xiareiros do C.B. Caselas acudirá o Multiusos do Sar para presenciar o derbi Galego que enfrontará o Obradoiro contra o Breogán. Baloncesto de máximo nivel con acento galego.

Ademais os nosos Premini darán espectáculo xogando un partidiño no descanso do encontro e proxectarán o Pasando a Bola na superpantalla do Multiusos.

0
0
0
s2smodern

O noso Junior Femenino xogou o pasado sábado 23/febreiro un gran partido contra Salesianos, acadando a segunda victoria consecutiva en liga por 46-37.

Pero no C.B.CASELAS o máis importante non son os resultados,senon as boas persoas que pasan polo noso clube, que deixan unha pegada imborrable en companeir@s, adestrador@s e directiva.

Este é o caso de Cristina Magdalena Pereira, que formou parte do clube en categoría Mini e infantil e que agora xoga no equipo Junior do Salesianos.

Traballadora a máis non poder e con moito talento para o baloncesto, Cristina sempre estaba de bo humor e disposta a aprender en cada momento.

Sempre é un pracer reencontrarse con ela nas pistas (tamén coa súa nai e o seu pai!!). Sempre formarás parte da familia do Caselas!!!

Sorte no que queda de tempada!

0
0
0
s2smodern

Este próximo sábado 23, as 20:00, xogarémonos o primeiro posto no úlitmo partido da liga regular.

Xa estamos clasificados para o playoff de ascenso, pero non cabe dúbida que obter o primeiro posto na liga sería estupendo. O sábado enfrontámonos o 6 do Nadal, co que estamos empatados en puntos na tabla clasificatoria, o vencedor acadará o liderato.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar