0
0
0
s2sdefault

 

Sempre falo en terceira persoa, en nome do club, pero hoxe vou tomar este medio prestado e falar en primeira persoa.

Acabamos de chegar do XVI Torneo Internacional Eurocidade de Valença, cansados e felices a partes iguais. E unha vez na casa, penso que non puiden falar con cada un de vos, que foi un fin de semana longo e xenial e que quero agradecervos moitas cousas a tod@s.

GRACIAS a tódolos pais polo seu ánimo, a súa paciencia e seu constante apoio. Tivemos todo o voso aopio dende o minuto 1 no que vos propuxemos participar no torneo. Tivemos axuda de todos vos durante o torneo, nos desprazamentos, nas comidas e nas noites, tanto dos pais asignados de voluntarios coma dos que estaban no público. Gracias a todos porque sen vos non podería facerse posible.

GRACIAS os nen@s, a todos os nen@s. Por estes días de sonrisos, complicidades e emocións. GRACIAS por cada canasta, cada pase, cada asistencia e cada xogada imposible que sae das vosas máns, polas horas sen durmir e polas que puidemos durmir. Por cada unha das vosas xeniais loucuras. Fixestes un gran papel fronte a grandes equipos, valentes e sen medo. Déchedes exemplo de educación no pavillón, nas habitacións e no comedor. Non teño nin un só pero que porvos. E non olvido que vos debo 30 min de película!!

GRACIAS os adestradores (Adrián, Manolo, Toni, Claudia, Julio e Rober) e os meus compañeiros da directiva (Luis S., Luis G., Ana, Pili, Manuel e Miro) sempre dispostos para cada proxecto e cada nova aventura. En especial a Adrian, pedra angular deportiva deste club.

GRACIAS  a miña familia por cada hora roubada para adicala o club e por cada hora de axuda que eles mesmos lle regalan o Caselas.

Tod@s temos un proxecto xenial que pode chegar moi lonxe e cada un de vos ten un tesouro na casa en forma de pequeno campión.

GRACIAS a tod@s.

Freddy
Pai Baby, pai Premini, xogador Senior e Secretario do Club Baloncesto Caselas.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información