0
0
0
s2smodern

 

O pasado sábado celebramos o último evento da tempada, o Torneo Junior Internacional o que acudiron invitados o B.C. Valença e o B.C. Gaia.

O torneo serviunos de escusa para "celebralo" fin dunha excepcional xeración de xogadoras do C.B. Caselas. O final dunha xeración porque as nosas Junior rematan a súa historia, agardamos que momentáneamente, no noso club.

Parte delas xa serán Senior na próxima tempaca e o mesmo tempo adéntranse nunha axitada e emocionante época de cambios, universidades e novas ilusións.

Como moitos saberedes o sábado pola tarde lles dedicamos unha sentida homenaxe na que intentamos devolverlles parte de todo o que nos deixaron neste anos. Todo o noso orgullo, os grandes momentos que nos regalaron, o gran exemplo que lles deron o máis pequenos,... anos de dedicación concentrados nun ratiño.

Máis de un soltou unha lagrimiña co xenial documental que Adrián e Xan prepararon o máis puro estilo "Informe Robinson" :), e que nos próximos días estará dispoñible nas nosas redes para que o poidades desfrutar.

Grazas por todo o que nos regalastes, agardamos tervos correspondido. Sempre seredes un referente no Caselas.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar