0
0
0
s2sdefault

Despedida pola porta grande do primeiro equipo do CB.Caselas nesta fase polo título provincial. Nun partido moi completo, os de Adrián Salgado cos seus doce xogadores dispoñibles, derrotaron a un xoven e físico Sigaltec de Vilagarcía, que non lle puso doada a cousa aos nosos.

De feito, pese a diferenza final, os nosos non conseguiron poñer terra de por medio ata o final do terceiro cuarto: 45-33, rematando cun cuarto final moi bonito, con moitas canastas por parte de ambos equipos.
O partido xogouse a un alto ritmo, con accións bonitas (e as veces individualistas), pero cuns xogadores locais moi metidos no xogo que deron unha gran imaxe de equipo ante o animoso público local.
Remata a liga cun sexto posto nesta fase provincial. Catro derrotas e unha victoria é o balance. Fomos o equipo que menos puntos anotou (259 en cinco partidos), pero, curiosamente tamén fomos a mellor defensa (300 puntos encaixados). Queda campeón o Extrugasa Río Ulla de Pontecesures.
O Caselas participará agora na Copa Primavera.
CB.Caselas (67): Xur 13, Darío 26, Fredi 8, Sergio 3, Toni. QUINTETO. Nico 4, Manu 7, Javi 6, Rober, Jose, Carlos e Berna.
Parciais: 16-17 / 14-9 / 15-7 / 22-16.
Incidencias: Pavillón de Deportes de Salceda. Flouxa entrada pero público volcado cos nosos xogadores, que foron despedidos con aplausos.

CATEGORÍAS BASE:
Segue a súa marcha triunfal o Junior Fem que venceu a Val de Lemos de Monforte por 49-21. O partido alternou fases boas de xogo con outras menos boas e con participación de todas as xogadoras. Destacar pola súa plasticidade a tripla no último segundo de Hanna, que entrou limpa dende moi lonxe. Noraboa campiona.
Tamén gañou o Premini en Baiona por 30-48 con moitos minutos para os menos habituais.
Mala saída a Domaio para o Mini Fem e Infantil Masc no seu dobre enfrontamento contra Defensores do Morrazo. As minis perderon por 66-19 e o Infantil por 38-27.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información