0
0
0
s2smodern

Clara e xusta derrota do Caselas, que voltou a caer nos mesmos erros dos últimos partidos. Comezamos pouco metidos no encontro, con falta de intensidade defensiva e xa encaixamos 26 puntos no primeiro cuarto (26-10).

A partir de ahí nos demos conta de que había que cambiar a actitude e intensidade (sobre todo defensiva), e logrouse, pero a rachas. Metémonos de novo no partido, pero os locais, como nas outras dúas ocasións que nos enfrontamos, seguían "martillándonos" a triplas. O Caselas defendía mellor, pero en ataque mala selección de tiro e algunha acción precipitada. E así transcurriron os minutos, cun querer e non poder, ata o marcador final.
Temos que reflexionar e levantar estar inercia de mal xogo. E temos capacidade para facelo xa no seguinte partido, que será o vindeiro fin de semana en Salceda contra un equipo ao que nunca nos enfrontamos, o San Mauro de Vilanova de Arousa.
O sábado foi o último partido de Jorge González "Jito" coa elástica do CB.Caselas. Todo un exemplo de gran compañeiro e persoa que se traslada a vivir a Granada. Moita sorte Jito e grazas por estos anos connosco.
CB.Caselas (51): Nico 6, Darío 7, Fredi 4, Toni 5, Rober. QUINTETO. Carlos 9, Sergio 9, Javi 2, Berna 2, Manu 5 e Jito 2.
Parciais: 26-10 / 16-21 / 15-7 / 12-13.

CATEGORÍAS BASE:
Pese a derrota por 77-49 das Junior perante o líder Salesianos Vigo, as de Adrián e Xan fixeron un partidazo e o marcador non reflexa o acontecido. As de Salceda xogaron moi ben, pero desinfláronse nos catro últimos minutos.
Alegría para o Premini, que voltan a racha ao gañar a Salesianos Vigo por 56-26.
Perdeu o Mini Feminino de Manolo contra o Celta 54-17 con moitos tiros fallados.
E para rematar, alegría e desparpaxo dos Baby de Toni, que estiveron o domingo na Concentración do Apóstol.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información