0
0
0
s2smodern

O derbi comarcal non defraudou aos numerosos afeccionados que se achegaron ao pavillón de Ponteareas, con recital ofensivo de dous equipos lanzados ao ataque.


O Caselas comezou frío, falto de concentración defensiva, facilitando as primeiras diferenzas a favor dos locais, dirixidos polo ex-entrenador do Caselas durante varios anos Carlos Kustrin. Enseguida reaccionamos para poñernos por diante e chegar ao descanso cun marcador moi alto: 39-43.

No paso polos vestiarios, quedou moi claro que había que mellorar en defensa, e así se fixo para abrir unha brecha considerable ao remate do terceiro cuarto: 52-66. No periodo final, con moitas rotacións no banquillo e a participación de moitos xogadores, conservamos o resultado para levarnos un merecido triunfo.

O partido en liñas xerais foi bonito e entretido. O Condado foi un gran rival, con un xogo moi intenso e rápido que nos costou parar por momentos.

Pola nosa parte, é necesario mellorar defensivamente, sobre todo na concentración para pechar o rebote. Pola contra, destacar a gran aportación ofensiva de todos xogadores de Adrián Salgado, mostrando boas sensacións.

Na vindeira xornada ven a Salceda o Choco de Redondela. Todos ao pavillón!!!!!!!

CB.CASELAS (86): Jano 17, Jorge, Jose 8, David Ledo 4, Sergio. QUINTETO. Darío 20, Xur 12, Rober del Amparo 9, Nico 6, Fredi 8, Rober Alvarez 2 e Toni.

Parciais: 22-18 / 17-25 / 13-23 / 19-20.

Incidencias: Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas. Bó ambiente, con gran maioría de afecionados de Salceda que, como sempre, animaron incansablemente.

CATEGORÍAS BASE:

A II Concentración Babybasket organizada polo CB.Caselas e as EDM.Salceda, encheu de pequenas figuras o pavillón de Salceda na mañán de domingo. Os rapac@s pertencentes a 8 equipos de 5 clubes, desfrutaron acompañados das súas familias e os aplausos do público. Participaron: CB.Caselas/EDM Salceda "A" e "B", Salesianos Vigo masc, fem e mixto, Amor de Dios 11 e 12 e Acacias.

No resto da xornada, o equipo Mini a piques estivo de gañar ao líder imbatido García Barbón, pero os numerosos erros no tiro libre, levaron a derrota por 39-41.

Os equipos infantiles gañaron: as nenas claramente a Seis do Nadal "B" 66-21 e os nenos a Nigrán 46-38.

As junior, pese ao esforzo realizado, non poideron con Celta, 26-51, con moitos fallos no tiro libre.

sponsors

Club Contacto

CIF: G36407385

Dirección: Rúa Rosalía de Castro 20
36470, Salceda de Caselas (Pontevedra)

Teléfonos: 675 646 761 / 651 365 050

Email: cbcaselas@gmail.com   directiva@baloncestocaselas.com

Redes Sociais

Utilizamos cookies propias e de terceiros personalizala súa experiencia. Se segue navegando estará aceptando o seu uso. Graciñas.
Máis información Pechar